As lecturas do Sr B: Insecto

Aquí en español.

Amor disléxico.

Vivimos nunha sociedade hipersexualizada, mais iso si, sempre dentro duns cánones, a moral e a tradición nacional-católica aínda teñen demasiado peso neste estado que é cada vez máis carpetovetónico douspuntocero. Insecto é un fermoso libro de temática erótica de María Llovet, debuxante Barcelonesa cun dinámico estilo manga, que aborda as relacións diferentes.

Insecto conta a historia de Lea e Lucas, dous irmáns adolescentes, ela, rebelde que goza coa provocación, en loita constante coa nai, e el, calado e disléxico, os dous viven unha relación carrusel, de sentimentos incontrolábeis, que os levan a un “amor fou” que causará escándalo en mentes vetustas de visón e misa de doce e fruición nas máis abertas, aventureiras e soñadoras. Sigue lendo

Bea Lema gaña o Premio Castelao de BD

Hoxe fíxose público o fallo do xurado do Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña, a gañadora é Bea Lema coa obra O Corpo de Cristo.

O xurado presidido pola vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei e formado por Emilio Fonseca, gañador da anterior edición, e os autores Xosé Tomás, Natacha Bustos e Pablo Auladell, valorou a “intensidade dramática sen caer no sentimentalismo” da obra de Bea Lema ademais da “sensibilidade para contar patoloxías mentais desde o punto de vista infantil”. A resolución do premio recoñece tamén o valor de O corpo de Cristo á hora de “mostrar a resilencia dunha nena fronte aos problemas adultos” e, en canto o traballo gráfico da obra destaca que a autora prima unha “liña elegante e delicada que transmite atomósferas emocionais moi complexas, apoiándose en metáforas visuais moi intensas e potentes”. Sigue lendo

Autobán 2017

Os vindeiros 11 e 12 de agosto celebrarase a edición de verán do Autobán, o festival coruñés de banda deseñada autoeditada. Medio cento de creadoras e creadores porán á venda as súas creacións neste encontro, que ademais contará con palestras, presentacións, edicións exclusivas, mostras e o célebre e xa tradicional Combate de Debuxantes.

O Autobán é unha cita inexcusable para os amantes dos fanzines e do cómic independente. Este ano amais dos nomes habituais do panorama galego, sumaranse promotores de proxectos autoeditados desde Portugal, Castela e Levante.

Este ano o festival terá dúas localizacións. Sigue lendo

Esenciais 2017 da ACDCómic (1º semestre)

A Asociación de Críticos e Divulgadores de Cómic elixe os  “esenciais” do primeiro semestre de 2017

Como cada ano por estas data a ACDCómic presenta a primeira quenda dos seus ‘Esenciais 2017’, unha selección de cómics coa que pretende fixar a atención sobre algunhas das obras máis destacadas entre as editadas en España. Son 25 novidades publicadas entre xaneiro e xuño de 2017, elixidas en votación por 53 dos integrantes da Asociación.

A selección contén una variada mostra do que ofreceu o mercado da banda deseñada no estado no que vai de ano. Porén, hai clásicos como ’Anarcoma’, de Nazario, ou ‘Siete vidas’, de Josep Maria Beà, ambos recentemente recuperados en novas edicións; e obras de autores españois tanto novos coma veteranos como ‘Un millón de años’, de David Sánchez, ‘Cosmonauta’, de Pep Brocal, ou a nova entrega de ‘Roco Vargas’ de Daniel Torres; tamén se incluen apostas de vangarda, como ‘Cortázar’, de Marchamalo e Torices, ou ‘Nuevas estructuras’, da galega Begoña García-Alén (Apa-Apa) . 

Da BD europea destacan títulos como ‘Arsène Schrauwen’, de Olivier Schrauwen, ‘De tripas y corazón’, de Pozla, ou a serie ‘Last Man’. Entre os americanos, ‘Poncho fue’, de Sole Otero, ‘The Wicked + The Divine’, de Kieron Gillen, Jamie McKelvie e Matt Wilson. Pola banda da BD asiática, destaca a inclusión por primeira vez dun título orixinario da República de Singapur, ‘El arte de Charlie Chan Hock Chye’, de Sonny Liew. Sigue lendo

Debuxos por sorrisos

Debuxos por sorrisos é unha iniciativa da Asociación Creativos en Acción, que con este  proxecto pretende recadar donativos para axudar a cubrir as necesidades básicas en  campos de refuxiados repartidos arredor de toda Europa. Moitos artistas aportan o seu arte, debuxos que se converteran mediante a solidariedade nunha gran axuda. Todo dun xeito transparente e correctamente auditado. Cada aportación chega de forma íntegra ao seu destino.

Cada debuxo que elixas, transformarase en axuda directa para un proxecto solidario nunha zona necesitada. Estufas para o frío inverno, mosquiteiras para o verán, lápises e cores para o cole…  Así de sinxelo. Así de doado. Así de solidario. Sigue lendo

Premios Eisner 2017

Como cada ano, no marco da Comic-Con de San Diego, veñen de entregarse os Premios Eisner. Nesta edición había ata sete nomeados de nacionalidade española, aínda que ao final só un acadou o premio, Gabríel Hernández Walta por The Vision.

Mellor historia curta

  • “Good Boy,” Tom King e David Finch, Batman Annual #1 (DC)

Mellor número único “One shot”

  • Beasts of Burden: What the Cat Dragged In, Evan Dorkin, Sarah Dyer,  Jill Thompson (Dark Horse)

Mellor serie regular

  • Saga,  Brian K. Vaughan e Fiona Staples (Image)

Sigue lendo

Primeira edición do Premio Literario de Novela Gráfica-Ciudades Iberoamericanas

A Unión de Ciudades de Capitales Iberoamericanas convoca a primeira edición do Premio Literario de Novela Gráfica-Ciudades Iberoamericanas que ten como obxectivo fomentar as expresións culturais que xiran en torno ás dinámicas da cidade.

Este é un resumo das bases:

Participantes

  • Poderán participar autoras e autores de calquera nacionalidade, maiores de 18 años.
  • As obras presentadas deben estar escritas en lingua castelá ou portuguesa, ser inéditas (non publicadas como libro, libro electrónico, en internet ou revistas) e non ter sido premiadas anteriormente.

Temática

  • As obras presentadas deberán estar ambientadas nas dinámicas urbanas, entendéndose éstas como as manifestacións que teñen lugar na cidade. Sigue lendo