Un orixinal de Tintín vendido por 2 millóns de euros.

tintin

Tintín celebrando

Unha páxina orixinal de Tintín foi vendida nunha subasta o sábado por máis de 2 millóns de Euros, un novo record no mundo da bd.

O anterior record tamén se acadou cun orixinal do reporteiro belga, concretamente coa portada de Tintín en América que foi vendida por 1,3 millóns de euros o pasado ano.

Tamén o ano pasado, no mesmo mes que foi vendida a portada de Tintín en América, un estadounidense mercaba o número 1 de Actión cómics de 1938  por 175,000 dólares.

Vía france24