Asterix: Le Domaine Des Dieux, primeiras imaxes

Astérix-La-Residencia-de-los-Dioses-Poster-1

Actualizado 3/7/2014: Teaser.

O novo filme de Astérix e Obélix levará por titulo Asterix: Le Domaine Des Dieux e adaptará o álbum “A residencia dos deuses”. Dirixida por Louis Clichy e Alexandre Astier, leva en produción dous anos. O filme estrearase en Francia no mes de santos de 2014.

A residencia dos deuses conta como Julio César para desfacerse do derradeiro foco de resistencia na Galia, decide construír unha cidade de vacacións para cidadáns romanos chamada ‘A residencia dos Deuses’ no bosque que arrodea á aldea de Astérix.

A residencia dos deuses trata, coa retranca típica de Goscinny, dous temas dos que xa se falaba na época na que foi escrito, a conquista dun pobo, non polo forza, senón mediante a aniquilación da súa cultura, a súa lingua e a transformación da súa economía, que se produce cando a comunidade perde os seus recursos naturais e chegan os romanos.

Por outra banda, Goscinny, fai unha intelixente e mordáz crítica á especulación e á burbulla inmobiliaria que non só fagocita a paisaxe de forma descontrolada senón que tamén altera a economía artificialmente e tamén de forma descontrolada. Retrata o guionista, con ollo certero, os cambios sociais que se producen na aldea gala, o introducir elementos externos que alteran o equilibrio social.

Nestes vídeos, unha reportaxe sobre o filme e un pequeno making of coas primeiras imaxes feitas públicas.