Astiberri editará o Pretty Deadly de Emma Rios

PrettyDeadly_03-1

Emma Rios ven de anunciar esta tarde que a editorial Astiberri editará en España o seu Pretty Deadly, unha bd con guión de Kelly Sue DeConnick, coa que coincidiu en Marvel, e que en Estados Unidos edita Image comics.

Edu Maroño fixo unha recensión ben interesante no seu blogue un ollo de vidro e tamén escribiu en quadriños das catro nominacións ós Eisner de esta obra.

Emma estivo xa hai uns meses na sexta emisión das metrópoles.