Bill Watterson, volve a traballar nunha tira cómica despois de 20 anos.

billwatterson

O autor de Calvin and Hobbes, Bill Watterson, leva retirado vinte anos, pero esta semana colaborou en secreto con Stephan Pastis creador da tira cómica “Pearls Before Swine”. Pastis admitiu a colaboración esta semana, dixo: “a única cousa que Bill me pediu, foi non facer público que él traballara nas tiras ata que todas foran publicadas”. As tiras apareceron a pasada semana.

Os orixinais serán subastados xa que Watterson pensou que a colaboración podería ser un bo xeito de recadar cartos para a investigación da enfermidade de Parkinson, “en honor de Richard Thompson, creador da tira Cul de Sac, que padece esta enfermidade”.

Bill Watterson está moi satisfeito coa acollida das tiras “Stephan foi moi xeneroso por deixarme “secuestrar” a súa creación e aínda máis xeneroso por doar os orixinais” dixo en declaracións ó The Washington Post.

A nova no the guardian