“El Jueves” dispárase no pe ó autocensurarse

portades-discordia-dEl-Jueves_ARAIMA20140605_0155_41

Segundo a web ara.cat, o grupo RBA censurou a portada desta semana da revista ‘El jueves’ que tiña ó rei  e o príncipe de protagonistas. Có titulo ‘El rey abdica’, o debuxo de Manel Fontdevila representaba ó rei traspasando ó príncipe unha corona chea de excrementos.

Segundo os traballadores coa revista xa impresa, a redacción de ”El Jueves” recibeu ordes do grupo RBA –ó que pertence – de reimprimir a revista coa portada prevista antes da abdicación. Ademais, sempre segundo as fontes dos traballadores, o grupo RBA fixo saber á redacción do semanario que de agora en diante as brincadeiras sobre a monarquía non poden aparecer na portada.

Aquí a nova no ara.cat

Actualización ás 20:26.

A estas horas xa anunciaron a súa marcha da publicación Manel Fontdevila, Albert Monteys, Paco Alcazar, Bernardo Vergara, Isaac Rosa  e Guillermo.

Actualización ás 20:44.

Luis Bustos tamén marcha de El Jueves.

Actualización ás 20:55.

Manuel Bartual anuncia a súa marcha.

Actualización 8/5/2014.

Tamén marchan:

Malagón, Azagra, Pepe Colubí, Trz, Mel, Lalo Kubala, Iu Forn.