Kiko Da Silva gaña a IX edición do “Premio de Banda Deseñada Castelao”

5183a32b07450-__p_6927

Kiko Da Silva é o gañador da IX edición do “Premio de Banda Deseñada Castelao” que convoca a Deputación da Coruña.

Nunha edición na que se presentaron 13 orixinais,  a participación máis alta das nove edicións que leva o premio, e na que o xurado destacou a alta calidade dos traballos a concurso, Kiko gañou cunha obra titulada “O inferno do debuxante” que conta a historia de Manuel Pardo “un autor que nunca é capaz de publicar ninguna das suas creacións porque sempre se atopa con algunha outra persona que xa o fixera antes”

debuxante-615x958

Kiko da Silva é un dos referentes da banda deseñada na Galiza, tanto pola indiscutible calidade da sua obra, coma pola sua traxectoria, sempre comprometida co sector do cómic e o humor gráfico. Publicou na revista BD Banda da que foi director, fundou e dirixiu a revista Retranca coa que chegou a sufrir o secuestro dun número por parte “dun señor de Murcia”, actualmente ven de reeditar por cuarta vez o seu exitoso libro “Fiz o neno máis porco do mundo”, publica na revista “El Jueves” e no xornal “La voz de Galicia” e  dirixe O garaxe hermético, a primeira escola profesional de bd e ilustración de Galiza que fundou no ano 2012.

Este premio engádese a unha longa lista de galardóns, coma o Premio Ourense ao mellor autor afeccionado 1996, da Casa da Xuventude de Ourense, por “Crestomatía de amor”, en 2002 un accésit no certame do INJUVE, modalidade de ilustración o Segundo premio JB de humor gráfico, o Prémio de humor do Muséu da Imprensa do Porto (Portugal) e o cuarto premio no XIV Concurso Galego de BD (1998) coa historia “Café de soidades”.

Anunciouno Montse Dopico no seu blogue

Kiko é unha das personas que apoiou dende o seu xérmolo ás Metrópoles, estamos moi ledos e queremos parabenizalo por un premio máis que merecido.

Unha reflexión sobre “Kiko Da Silva gaña a IX edición do “Premio de Banda Deseñada Castelao”

  1. Pingback: Kiko Da Silva gaña a IX edición do “Premio de Banda Deseñada Castelao”

Os comentarios están pechados.