III Taller creativo e experimental de BD

1405482022323_580_1000_A_f9fc126de3df1bb33d1bdcbc60eb0edO vindeiro día 5 de Agosto comezará o terceiro Taller creativo e experimental de cómic, serán dúas horas diarias e está aberto tanto a asistentes con coñecementos avanzados coma a afeccionados que queiran afondar nos recursos e narrativas do cómic. A maior parte do taller son exercicios prácticos de enxeño e destreza mental que xogan coa capacidade creativa dos asistentes.

O taller que será dirixido por Henrique Torreiro, está baseado nunha experiencia levada a cabo por profesionais en EE.UU.

Henrique Torreiro é experto en BD e unha das persoas clave nas Xornadas de banda deseñada de Ourense, foi membro do Colectivo Phanzynex de Ourense, e tamén participou nos números 3 e 4 de Frente Comixario e no Spesial Pelengrin, ademais de realizar portadas e logos para diversas exposicións de fanzines que fixeron anualmente en Ourense. Encárgase da organización anual das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense Actualmente colabora no equipo de redacción e revisión de textos da editorial de banda deseñada coruñesa Demo Editorial.

Datas: Dende o 05/08/2014 ata o 07/08/2014

Datas de inscrición: Dende o 28/07/2014 ata o 04/08/2014

Horario: De 11.00 a 13.00 h.

Entrada: Gratuíto.

Requisitos: A partires de 16 anos.

IMPORTANTE: No caso de que o/a participante sexa menor de idade, deberá presentar autorización do pai/nai/titor legal, así como a copia do DNI da persoa que autoriza a participación.

LUGAR: Biblioteca do Ágora.

PRAZAS: 10 Formulario de inscrición

Máis información: 
cmix@coruna.es