Dúas novidades de Demo Editorial no Viñetas desde O Atlántico

Demo Editorial está a facer un traballo excelente e ten un empeño especial en potenciar ós autores galegos e en galego, no vindeiro Viñetas desde O Atlántico van a presentar dúas obras que teñen en común o seu contido social e que ésta é a segunda vez que Demo edita as obras de JanoTokio.10405662_655954064499250_8821280176119313881_n

A primeira é Nacho Camacho, unha obra da que xa falou o seu debuxante, Jano, no decimo cuarto programa das metrópoles. Con guión de Rodrigo Cota, e utilizando como medio o humor máis irónico e cáustico retrata a través do choque xeracional entre un pai e o seu fillo, que entenden a vida, e a súa sexualidade dun xeito diametralmente oposto, unha sociedade incapaz de romper a súa tradición machista e conservadora.

Jano será un dos convidados nesta edición do Viñetas desde o Atlántico onde presentará éste libro, e poderemos ver unha mostra dos seus orixinais.

NACHO CAMACHO

Sinopse de Nacho Camacho.

 

Nacho Camacho é ante todo un home dos de sempre, e está orgulloso de selo. Macho alfa contemporáneo, cachas de ximnasio, materialista ata a medula, adora o seu ídolo Clint Eastwood, seguramente porque aínda non coñece a Vin Diesel. A vida de Nacho sería perfecta se non fose por un pequeno problema que ten na súa propia casa: o seu fillo pre-adolescente, Junior, é homosexual.

CUBERTA A CAUSA DO CRIME

 

 

A segunda, leva por título A causa do crime e o seu autor é Tokio, que nos lembra en clave de serie negra o contexto político e cultural da década dos 80, marcado por unha gran tensión social nada lonxana da actualidade.  Coma valor engadido o álbum conterá un enlace a Spotify a modo de banda sonora da obra, cunha selección de temas que inspiraron o autor para a realización do álbum.

A CAUSA DO CRIME

 

 

Sinopse de A Causa do crime.

Vigo, 1984. Xusto antes da primeira folga xeral galega, a explosión dunha bomba durante unha entrega de premios oficial levanta as sospeitas da policía sobre Alba, que está a traballar nese momento no lugar dos feitos. Para demostrar a súa inocencia, Alba iniciará a súa pescuda cun veterano sindicalista, e ambos os dous acabarán descubrindo unhas intencións moi distintas ás das investigacións policiais.