Emma Ríos e José Domingo levan a BD Galega ós Eisner

Outórganse na Comic-Con de San Diego os premios Eisner, os máis importantes galardóns da bd de América, e desta volta a banda deseñada galega ten dous bos representantes, están nominados, Emma Ríos e José Domingo, os dous cun pasado común no colectivo Polaquia, que co paso do tempo vai referendando, aínda máis, a calidade e valía daqueles rapaces e rapazas que decidiron hai uns anos que querían adicarse o cómic.

9432934453_a6602e26d9_bEmma Ríos, comezou realizando historietas curtas para fanzines e tamén en publicacións colectivas de banda deseñada, como Dos veces breve ou H2Oil e tamén participou en diversas exposicións colectivas no salón de banda deseñada Viñetas desde o Atlántico

Auto-editou unha serie, APB (A Prueba de Balas) a través do colectivo Polaqia do que formou parte.

Deixou o seu traballo coma arquitecto para adicarse profesionalmente á bd tras recibir unha oferta de Boom! Studios a mediados do 2008 onde debuxou a serie Hexed, non tardou en chamar a atención dos editores de Marvel, e chegáronlle os primeiros encargos, na “casa das ideas” foi encadeando traballos como Dr. Strange, Firestar, The Amazing Spider-Man ou Osborn.

Tamén publicou un álbum con SM, Amadís de Gaula, unha adaptación do libro de cabalería español do mesmo título, con guión de Ricardo Gómez.

En Marvel coñeceu a Kelly Sue DeConnick, nominada tamén como mellor guionista, coa que creou o Pretty Deadly, a magnífica serie que no outono editará Astiberri en España e pola que optan a varios Eisner.

9433200117_9025d01154_kPretty Deadly é un western sobrenatural no que se mestura violencia e a poesía visual do mellor Kurosawa coa narrativa núa, efectiva e desacougante do mellor Leone, onde a morte é máis que un personaxe e que coma nos bos westerns hai amor, vinganza e penitencia. Non hai nada nesta bd que non sexa superlativo, cada paso da produción só engrandece o anterior, un guión excelente que Ríos mellora coa súa gráfica que o mesmo tempo é engrandecida polas cores que aplica Bellaire.

A publicación tivo grande éxito nos Estados Unidos onde os lectores fixeron que os prognósticos máis optimistas de vendas quedaran moi curtos. Os medios especializados tamén recoñeceron o traballo con boas críticas, non é casualidade logo que teña catro candidaturas nos Eisner.

Emma Ríos, está nominada en dúas categorías, mellor debuxante e mellor portadista, Kelly Sue Deconick está nominada á mellor guionista e Jordie Bellaire a mellor colorista.

Pretty Deadly no blogue de Edu Maroño.

9675José Domingo é autor de cómic, ilustrador e debuxante de produción para animación nado en Zaragoza pero residente en Galiza dende cativo, formou parte do colectivo Polaqia e participou con historias cortas na revista Barsowia desde 2006, tamén publicou en diferentes fanzines e revistas como Dr. Panceta, Haima, ou Retranca. No ano 2008 publicou a súa primeira obra longa titulada Cuimhne:el fuego distante (Ed Dolmen), con guión de Kike Benlloch.

Traballou para a produtora coruñesa de animación, Dygra, alí coincidiu con David Rubín, con el e outros debuxantes compartiría o estudio La Pelu. Neste estudio é onde nace o Aventuras dun oficinista xaponés, un libro que editou Bang Ediciones e que foi publicado no mes de Nadal de 2011. Con este libro gañou o premio á Mellor Obra no Salón do Cómic de Barcelona no 2012.

tumblr_lz0zbpAGE11r6edz4o1_1280Aventuras dun oficinista xaponés é unha bd extraordinaria na que José Domingo foi quen de desenvolver unha historia que sen diálogos conta a viaxe surrealista e, por momentos, absolutamente lixérsica dun oficinista que so pretendía chegar ó lar despois da xornada laboral, o cómic ten catro viñetas por páxina e está debuxado en perspectiva isométrica o que lle da ese aspecto que lembra ós primeiros videoxogos.

O libro é unha “delicatessen”, cun estilo de debuxo exquisito, cun trazo claro e elegante, e sendo detallista ata case chegar a ser barroco.

José Domingo está nominado na categoría de mellor edición de obra internacional para Estados Unidos.

Aventuras de un oficinista japonés no blogue de Santiago García.

Unha reflexión sobre “Emma Ríos e José Domingo levan a BD Galega ós Eisner

  1. Pingback: Emma Ríos e José Domingo levan a BD Galega ós Eisner

Os comentarios están pechados.