Capa definitiva de “Le Bâton de Plutarque” o novo Blake & Mortimer

Xa se fixo pública a capa definitiva do seguinte álbum de Blake & Mortimer que será o número vinte e tres e levará por titulo “Le Bâton de Plutarque”.81aYXFaWUML._SL1500_

Esta nova aventura dos personaxes creados por Edgar P. Jacobs ten guión de Yves Senté e debuxo de André Juillard, que repiten como parella creativa nesta franquía, despois de A maquinación Voronov, Os sarcófagos do 6º continente e O xuramento dos 5 Lores. O álbum sairá o 5 de Nadal en Francia e Bélxica.

A revista CaseMate #73 de Agosto/Setembro 2014 virá cun suplemento especial sobre esta nova bd de Blake & Mortimer, e nel poderemos ver as primeiras 20 páginas do libro a cor, con comentarios de André Juillard e Yves Sente, unha ampla entrevista cos dous, e tamén varias imaxes inéditas e o “making of”.

Casemate_73D_Page_31 Casemate_73D_Page_23 9875