Lecturas para o verán (Parte 1)

Xa estamos no medio do verán e nas Metrópoles fixemos unha escolma das bedés, para nós, máis interesantes desta primeira metade do ano.

Toreromaus – Los Bravú (Ed Fulgencio Pimentel).

Con claras influencias dos mellores narradores da literatura galega coma Blanco Amor ou Castelao, os autores fan unha aposta arriscada pola innovación e a diferenciación, un libro con vocación de obra de arte en edición limitada de 250 ex.

cubierta_dospags.indd

Pretty Deadly (en inglés) – Emma Rios, Kelly Sue DeConnick e Jordie Bellaire (Ed Image).

Un western con temática sobrenatural, unha obra mestra tanto no guión como na gráfica e que foi un gran éxito de vendas nos Estados Unidos, referendado con catro nominacións nos Eisner. Veñen de publicar o tomo que recompila o primeiro arco da serie (5 números) e no outono publicarase en español.

PrettyDeadly_03-1

La gigantesca barba que era el mal – Stephen Collins. (Ed La cúpula).

A historia desta barba e do seu portador é un libro excelentemente estruturado e narrado, unha sátira que ten moito de crítica social. Un deses libros que demostra a potencia do cómic para contar calquera historia.

Stephen Collins - La gigantesca barba -cubierta.indd

He visto ballenas – Javier de Isusi (Ed Astiberri).

Unha mirada sobre o conflito do terrorismo da ETA que nos chega dende a propia Euskal Herria, sen os sectarismos nin os discursos morais de dubidoso gusto e calidade de outros libros que tratan o tema.

9788415685517

Fiz – Kiko da Silva (Retranca Ed).

Reedición dun clásico para nenos que levaba anos esgotado, un libro que adoran os máis pequenos da casa. O libro leva por subtítulo “o neno máis porco do mundo” así que xa sabedes o que vos agarda.

fiz_01g