Lecturas para o verán (Parte 2)

La entrevista. Manuele Fior (Ed Salamandra Graphic).

Un libro de ciencia-ficción lixeira. Fior gusta de contar historias de relacións humanas, o medo ó descoñecido e ós cambios son unha constante na narrativa deste autor que neste libro abandona a festa colorista que foi o anterior “5000 quilómetros por segundo” polo máis sobrio branco e negro.

PORTADA

I´m a hero. Kengo Hanazawa. (Norma Ed).

O manga sempre ten un atractivo especial, ten algo de efervescente. Éste apúntase á moda dos apocalipses zombis, e neste caso, Hanazawa, fai que os outros camiñantes non poidan máis que pecharse na casa mortos de vergoña.

Premios_Shogakukan

(Aínda que non comezaron a se publicar este ano “I´m a hero” e “Termae Romae”, ó ser unha serie si que continúan publicando números.)

Termae Romae. Mari Yamazaki (Norma Ed).

Mesturar arquitectura, viaxes no tempo e romanos xa é un motivo para darlle unha oportunidade. Xa rematado en Xapón pero aínda publicándose en España. Un éxito do que hai desde anime ata películas de imaxe real.

manga1

Arsene Schrauben. Olivier Schrauben (Ed Fulgencio Pimentel).

Olivier Schrauwen é un deses autores que nunca deixan a medias, un renovador da bd que inicia aquí un tríptico moi persoal no que conta a odisea do seu avó, Arsène, no final do Imperio colonial belga. Neste traballo a parte literaria cobra especial importancia aínda que sen esquecer a gráfica.

ARSENE_1

Come Prima. Alfred. (Ed Salamandra Graphic).

Unha “road movie” feita bd que narra o reencontro de dous irmán separados durante moitos anos, obrigados polo pasamento do seu pai, unha volta ás súas orixes.

Chega co aval de ser a obra gañadora do Premio ó Mellor Álbum (Fauve d’Or) no pasado Festival Internacional de la Bande Dessinée Angoulême 2014

Las tripas de El Héroe. David Rubín (Ninth Ed) .

Unha edición de luxo adaptada ás páxinas orixinais onde podemos degustar todo o proceso creativo. En verbas do propio Rubín:

“Las tripas de El Héroe é moito máis que un libro de arte, xa que mantén a rotulación manual que realicei cando fixen a lapis as páxinas, co cal, ademais de gozalo coma un extra, permite ler o cómic sen problema, descubrindo cousas coma diálogos que finalmente trocaron ou foron modificados para a edición final e outra serie de pluses.”

Este tipo de edicións “artist edition” son habituais nos mercados mercado americano e francobelga.

ninth-ediciones-publica-tripas-el-heroe-vol-1-L-IGYDO1