O ISIL condena a morte ó creador do cómic ‘The 99’

Cover-of-the-first-issue--001

O ISIL lanza un chamamento a matar a Nayef Al-Mutawa o que acusan de ofender os musulmáns co seu tebeo “The 99”.

Os 99 é unha equipa de superhérois de 99 países, que se agrupan para combater ás forzas do mal. Cada un dos herois está baseado nos atributos de Alá segundo o Corán, coma o coñecemento, la fortaleza ou a sinceridade, unha referencia ó concepto islámico dos 99 nomes de Deus.

Os poderes dos 99 sonlles dados por 99 pedras máxicas, agochadas en 99 cantos do mundo polos sobreviventes do ataque mongol a Bagdad no ano 1.258 dC.

Segundo o xornal Kuwait Times o ISIL chama nunha serie de Twits a asasinar a Al-Mutawa “ …calquera que o atope, e o asasine, será recompensado”, ademais anima a asasinalo o antes posíbel e di “Non hai bondade en nos si aínda está vivo nos próximos tres días”. Al-Mutawa manifestou no diario americano Al-Watan que emprenderá accións legais contra os donos da conta de twitter.7d3b7da45cb69c5d2beaee153576f98f

Al-Mutawa di que consultou con estudosos da sharia que lle dixeron que esta bd non ofendía a Alá nin os musulmáns e defendese no seu propio twitter, onde escribiu: “O meu traballo glorifica o Islam dende Estados Unidos a China dende hai dez anos. Non me importan o ISIL nin en Al Qaeda … Non me preocupan.”

O goberno de Arabia Saudí prohibiu a principios deste ano a adaptación animada deste cómic, e o de Kuwait anunciou “o arresto, para ser xulgado, de calquera que teña algo que ver coa serie”.