Pelicula do Capitan Marvel (Shazam)

Nesta entrevista con Total Film, Dwayne “The Rock” Johnson recoñece que estivo en conversas durante varios anos coa DC comics para interpretar a un superheroe e que por fin hai acordo e o anuncio oficial será feito axiña.

The Rock é misterioso sobre o papel que vai interpretar, pero deixa caer algunhas pistas, lembrando que o personaxe non é “Green Lantern” e que ten “o poder de Superman”, e remata decido esta frase: “só di a verba”, o que sona como unha clara referencia ao “Shazam” do Capitán Marvel.

Isto tería moito sentido e podería dar en que DC fixese un filme da Liga da Xustiza, algo semellante ao que Marvel vén facendo cos seus Vingadores.

771419O un personaxe creado por CC Beck en 1939 foi publicado orixinalmente en Fawcett Comics pero logo dunha historia rocambolesca de demandas, rematou en mans de DC que no ano 1991 merca o personaxe.

Tivo tal popularidade que en 1941 foi o primeiro superheroe levado ó cinema pola empresa Republic Pictures, nun serial de doce capítulos titulado The Adventures of Captain Marvel.

Aínda que DC é a propietaria do personaxe, non é do nome, que en 1968 foi rexistrado por Marvel Comics que creou un personaxe a tal efecto. De esta forma, o nome ou marca “Captain Marvel” non pode aparecer como título de ningunha publicación que non sexa de Marvel Comics, polo que a verba máxica “Shazam!”, é a utilizada como título das cabeceiras do personaxe.