Programa oficial do Viñetas desde o Atlántico 2014

Cartel Vinetas2014

Cartaz do Viñetas 2014 de Max.

O luns 4 de agosto chega unha nova edición do salón ‘Viñetas desde O Atlántico’ (aínda que as exposicións xa están abertas) que como xa adiantamos hai un mes, contará coa presencia grandes nomes da bd. O salón explora nesta edición novos camiños coma auto edición en Internet ou as adaptacións do cómic no cine e a televisión.

Coma todos os anos gozaremos de varias actividades.

Exposicións.

No Kiosko Alfonso, poderemos ver o traballo de Zidrou e Oriol Hernández, Sento, Jano e Montse Martín que compartirán espazo expositivo.

Na Sala de Exposicións do Palexco tamén haberá bd, neste caso de Charlie Adlard, Marcos Martín e Javier Rodríguez.

Na Sala Municipal do Palacio de María Pita teremos unha exposición sobre o cómic español dos anos 50.

Na Sala Salvador de Madariaga unha adicada a banda deseñada galega.

Charlas e clases maxistrais.

Tamén haberá Charlas e clases maxistrais de invitados, Zidrou, Sento, Marcos Martínez e Charlie Adlard, que compartirán cos asistentes as súas experiencias.

Actividades paralelas.

Manuel Cráneo será o coordinador das actividades paralelas, unha serie de obradoiros que terán lugar durante todo o mes de agosto en torno o mundo da bd e da ilustración.

Os máis cativos pódense achegar á banda deseñada durante os campamentos de verán que terán lugar no Ágora e no Forum Metropolitano. Iniciación no mundo do manga, creación de superheroes e viláns con collage, ou pintar mundos con area. E nos xardíns de Méndez Núñez unha sesión de maquillaxe, Zombies nos xardíns, que coincidirá coa firma de exemplares que realizará Charlie Adlard.

Ademais Henrique Torreiro dirixirá o Laboratorio Creativo de Cómic, un taller creativo e experimental.

O venres día 1 de agosto, Emma Ríos, José Domingo e David Rubín, tres autores internacionalmente premiados, falarán da súa visión do sector na mesa redonda Cómic galego sen fronteiras, que terá lugar no Ágora ás 20.30 h e que estará moderada polo experto en banda deseñada Henrique Torreiro.

E os compañeiros do podcast de Universo Marvel realizarán unha actividade o 7 de Agosto ás 12:00 h, neste evento ademáis de presentar o seu proxecto de podcast farán unha charla coloquio sobre Marvel e organizarán un concurso. O evento terá lugar na Carpa da BD.

O cartaz deste ano é obra de Francesc Capdevila, Max, gañador do premio Nacional de Cómic no ano 2007.

Viñetas desde O Atlántico abrirá as súas portas do 4 ó 10 de agosto.

Unha reflexión sobre “Programa oficial do Viñetas desde o Atlántico 2014

  1. Pingback: Programa oficial do Viñetas desde o Atlántico 2014

Os comentarios están pechados.