A polémica portada de Manara para Spider-woman

Ilustración publicada por CBR

Marvel tenta relanzar a Spider-woman, o número 1 vaise publicar no vindeiro mes de Santos, e de momento xa acadou moita repercusión pola polémica portada (alternativa) que lle encargou ó mestre Milo Manara.

A ilustración do italiano provocou moitas protestas nas redes pola pose e tamén polo que se interpretou como “body painting” máis que roupa, así os críticos con este traballo de Manara sinalan que mostra á muller como un obxecto sexual, e xa de paso resucitou o vello debate da sexualización da muller nos cómics de superherois.

A capa lembra bastante a unha ilustración que foi usada por Norma editorial coma portada dunha edición da súa famosa obra “El clic”862484940198115876

Milo Manara, leva anos facendo traballos para Marvel e é ben coñecido polos seus cómics eróticos, parece que ninguén reparara nas portadas xa feitas para os americanos ate o de agora. O vicepresidente de Marvel, Tom Brevoort, defendeu a proposta de Manara no seu tumblr: “Milo Manara traballa coma debuxante dende 1969, e o que fai nunca cambiou substancialmente. Así que cando decimos “Portada de Manara”, a súa carreira indica que tipo de cousas vai facer”.

Actualización 23/8/14 resposta de Manara (en portugués).

Algunha das excelentes portadas que fixo Milo Manara para Marvel:

Manara2

Manara1

2 reflexións sobre “A polémica portada de Manara para Spider-woman

  1. Ismamelón Sobrino

    Desta a sexualização é justificada argumentalmente pela personagem. Mesmo imagino Víctor Hugo olhando para esta capa: “Esta sí que é uma muller araña” .

Os comentarios están pechados.