Autobán, autoedición e bd de autor.

Comeza o Autobán, un festival de autoedición e bd de autor que promete deliciosos intres, haberá de todo, combate de debuxantes, charlas, mesas redondas e mercadiño de fanzines.Este é o programa de actividades:

VENRES 8 de agosto

En Old School (Rúa División Azul 8)

22:55 – Presentación de Autobán

Combate de dibujantes23:00 – Combate de debuxantes

Combate de debuxantes é unha actividade na que oito ilustradores mídense competindo ante o público, que decidirá quen é o merecedor do ansiado premio: o cinturón de campión e a bolsa do botín.

Nesta edición os participantes foron seleccionados polos finalistas da anterior, Ghosttthead e Xurxo G. Penalta.

Son BrandaKike J. DíazLuis YangPerrillaSanty GutiérrezSekoneXulia Vicente e Yago García.

David Rubín será o animador e mestre de cerimonias, e Roque Romero será o DJ, e axudando ós competidores no ring, teremos a Ghosttthead e Óscar Iglesias.

SÁBADO 9 de agosto

En THE ROOM (Rúa Alfonso VII 15)

12:30 – 21:30 – Mercadillo de fanzines e cómic de autor
Mercadillo de fanzines ofrece a oportunidade de amosar e vender material a máis de trinta autores, proxectos de autoedición e microeditoriais.

La lista completa de participantes na seguinte ligazón.

13:30 – 16:30 – Sesión vermú

Ó mediodía celebraremos a Sesión vermú de Autobán, onde poderá degustarse vermú de barril, acompañado dun catering de balde de picoteo e tapas económicas elaboradas por Culuca.

Ademais gozaremos coa actuación en directo de Federico Flesfa, que amenizará a xornada coas súas fermosas tonadas electrónicas, e cando remate a actuación, Sekone agasallaranos cunha sesión de música altamente dixestiva.

23:00 – Pecha Kucha de autoedición

O PechaKucha é un formato de presentacións rápidas, nas que unha serie de poñentes dispoñen de 20 imaxes, que se visualizarán durante 20 segundos, para facer unha exposición da súa obra ou proxecto. É un formato moi áxil e ameno.

Neste caso decidimos montar, coa axuda dos rapaces de THE ROOM, unha edición temática adicada á autoedición, na que participan Altar Mutante, Cabeza de corte aéreo, Compota de Manatí, Cruel y estúpido, Eres tonto, Nordés, La Envidia Casa Taller e Historias de Rego Torto.

00:30 – Festa de peche

A festa de peche, máis que unha actividade, será unha liberación despois do estres que supón organizar un evento tan complexo. Haberá picada dos DJs de Autobán, acompañada de sorteos, agasallo e sorpresas que os asistentes irán descubrindo ó longo da noite.

En Old School (calle División Azul 8)

De 16:30 a 17:15 – Charla: Viñetas de vida
A primeira charla de Autobán será unha presentación do proxecto Viñetas de vida de Oxfam Intermón, coa participación de David Rubín e Miguel Ángel Giner Bou.

Tanto David, que acaba de voltar de Burundi, coma Miguel Angel que fai uns meses viaxou a Nicaragua, compartirán a súa experiencia no proxecto, os seus viaxes e parte do traballo que están desenrolando para el.

De 17:30 a 19:00 – Mesa redonda: outros roles de xénero no cómic

A segunda charla será unha mesa redonda adicada ós roles de xénero no mundo da banda deseñada, participarán Emma Ríos, Óscar Iglesias e Inés Casajeros, moderados pola xornalista Bárbara G. Vilariño.

Charla_Otros roles de género en el comic
De 19:30 a 21:00 – Mesa redonda: modelos e saídas da autoedición

A derradeira das charlas será outra mesa redonda sobre modelos e saídas da autoedición, onde poderedes escoitar as opinións de José DomingoBerto FojoLos Bravú e Maria Álvarez de Compota de Manatí. Como directora contaremos con Nieves Rodríguez, presentadora do programa sobre banda deseñada Metrópoles Delirantes.

Charla_Modelos y salidas de la autoedición

Todas las actividades son DE BALDE E DE ENTRADA LIBRE