Dynamite estrea tenda online de cómic dixital

greenhornet1Parece que o cómic en formato dixital e as tendas online van ós poucos conquerindo máis mercado nos Estados Unidos, agora a editorial Dynamite Entertainment pon en marcha a súa tenda on line de bd, e comeza con cómics libres de DRM.

Poñen a venta unha selección de máis de 80 comic-books dos seus títulos máis populares, con autores ben ilustres da bd coma Mark Millar, Grant Morrison,  Garth Ennis ou Frank Cho listos para descargar en en varios formatos.

E xa de paso, para celebrar o seu décimo aniversario, poñen tamén a dispor, 10 libros a un prezo de 10 céntimos cada un. Estes son:

AFV1Cover

Blood Queen #1
The Boys #1
Evil Ernie: Origin of Evil #1
Jungle Girl #0
• Kevin Smith’s Green Hornet #1
Miss Fury #1
The Mocking Dead #1
• Robert Jordan’s Wheel of Time #1
The Trial of Sherlock Holmes #1
Vampirella #1

O enderezo da tenda online é http://dynamite.com/digital/