O Salón de Getxo ten cartaz de Emma Ríos

cartel_2014_comic

Cartaz de Emma Ríos

O Salón do Cómic de Getxo que se ha celebrar do 22 ó 24 de novembro, contará este ano con máis de 60 stands de establecementos de cómic, librerías especializadas, revistas, fanzines, editoriais e todo o relacionado coa bd.

Getxo recibirá a recoñecidos artistas, que participarán en charlas, presentacións e tamén en sesións de sinaturas. Nesta ocasión entre outros, estarán en Getxo o canadiense Guy Delisle, Bryan Talbot, gañador de galardóns coma o prestixioso premio Eisner, Alfonso Zapico, David Rubín, Raquel Córcoles e Juan Luis Landa.

O Salón fará unha homenaxe a Jan, autor de Superlópez e a o donostiarra Luís Gasca (divulgador e autor de numerosos estudios sobre o cómic).


Tamén estarán: Mary M. Talbot, Cels Piñol, Manel Fontdevila, Albert Monteys, David Daza, Sergio Abad, Iban Coello, Raquel Alzate, Jordi Bayarri e Rafa Sandoval.

Non faltarán as exposicións de cómic: “Cómics, Manga & Co.” adicada ás últimas xeracións de autores de cómic en Alemaña; “Beowulf”, o último traballo ilustrado por David Rubín; “Modernadepueblo”, unha exposición sobre o personaxe creado por Raquel Córcoles, e “Ultrarradio”, unha mostra dos traballos publicados polo colectivo homónimo.

Fora do Salón hai tamén exposicións. Na Ponte Bizkaia “1512: In Memoriam”, adicada o último traballo ilustrado por Juan Luis Landa, no que se retrata a conquista de Navarra. Na sala Torrene, a exposición de Cómic e Ilustración INJUVE 2012, cos traballos premiados nese certame e finalmente, los cafés Glass e Jai-Alai acollerán mostras dos creadores Patxi Peláez y Sarima, respectivamente.

Coma en todo festival haberá presentacións de novidades editoriais, charlas e mesas redondas que terán lugar a diario no salón de actos, e proxeccións cinematográficas.

Finalmente, con motivo do Salón, o ciclo Cine-Clube proxectará o film “Ralf König: El Rey de los cómics”, un documental adicado ó coñecido artista alemán.