Obradoiros de bd nas bibliotecas da Coruña

Curso humor gráficoO 29 de Agosto na biblioteca de Montealto Guitián e Leandro, van impartir un obradoiro de humor gráfico coa fórmula mellorada, cun enfoque maís práctico e participativo.

O proceso creativo do humor gráfico percorrido a través dunha sesión de traballo (brainstorming) entre todos os asistentes, creación de chistes partindo da actualidade do día e as técnicas, estratexias e ferramentas do humor gráfico actual.

O curso vai dirixido a mozas e mozos de 16 a 116 anos. Para asistir non é necesario saber debuxar, só ter un chisco de inxenio ou sentido do humor (ou nin eso).

Podedes levar o que vos pete: portátil, smartphone ou material de debuxo. (Os mestres lembran de forma especial que obxectos contundentes, non)

Inscripcións aquí.

Evento de Facebook aquí

Tamén hai outros obradoiros.

O mércores día 27, ás 11:30h na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil, obradoiro de banda deseñada, coñecete a través do cadriños co ilustrador Xosé Tomás.

Coñecete a través “da banda deseñada”: crea persoaxes baseados no teu entorno. Inventa guións sobre a túa vida e vive a túa propia historia entre as viñetas.

Vai dirixido a rapaces e rapazas de 15 a 18 anos, inscripcións aqui.

O xoves día 28, ás 12:00h, obradoiro de iniciación ó manga para rapaces e rapazas a partíres de 9 anos. Tera lugar na Biblioteca municipal Os Rosales, organizado polo estudo especializado en manga “Cerditos de Guinea“. Impartido por GoChi.

Inscripcións neste formulario.