Spiegelman e Sacco, interacción improposta

Nestes días, a calquera que vexa ou lea as novas, e non sexa un sionista militante, só unha pregunta lle pode bater unha e outra vez na cabeza. Porqué precisamente Israel está a facer outro holocausto?

A violencia e os xudeus é un tema historicamente complexo e que na bd trataron con mestría dúas obras e dous autores de recoñecida calidade, O Maus de Art Spiegelman e Palestina de Joe Sacco, en cada unha destas obras o pobo de Israel está en distinta beira da violencia. Maus_En_Galego_fs

Maus e unha das obras de referencia da bd mundial, a única cun pulitzer, e probablemente, unha das que máis contribuíu a que ó cómic comezara a ser visto polo mundiño literario e cultural cuns ollos máis curiosos e cun aura de seriedade que ata ese momento non tiña. Palestina de Sacco é un libro que bebe directamente das influencias de Spiegelman como narrador. Sacco, que é xornalista de formación, aproveita toda a potencia gráfica da arte secuencial para contar o que viviu durante dous meses convivindo cos habitantes dos territorios ocupados polo estado Israelí na Palestina.

As dúas teñen en común o estilo aparentemente (na realidade non é tanto) sinxelo no debuxo, o ritmo e a narrativa xornalística dunha realidade, os dous contan sendos holocaustos, en ambos o autor é narrador e protagonista, e os dous teñen ós xudeus en común, nun como vítimas e noutro coma verdugos. Maus1

Probablemente poderían ser as dúas partes da mesma historia, coñecido é o dito de que “a violencia só enxendra violencia”. Así é que o goberno israelí, comportase coma o neno que criado nun fogar disfuncional e violento, de adulto reproduce eses comportamentos entrando na espiral destrutiva da lei do Talión.

Maus conta o holocausto provocado polos nazis a través da visión e da historia de Vladek, o pai de Spiegelman, un relato que hai que ler coa temperanza e a frialdade necesaria, en moitos casos a pequenos sorbos, pois a dureza e a crueldade dos feitos que conta o libro é tal, que a calquera persoa equilibrada tenlle que afectar animicamente.

Aínda que Spiegelman suaviza, nun hábil e moi metafórico truco o libro, facendo que os diferentes implicados no relato tomen formas animais, os xudeus son ratos, os polacos son porcos e os nazis son gatos, é unha obra dura, e non so relata ás duras vivencias de Vladek e a súa muller, senón como estas afectaron o resto da súa vida tanto a el como ó resto da familia e a relación de pai e fillo, que é difícil. Maquetación 1

Joe Sacco divide o seu libro en nove capítulos nos que vai tentando coñecer a realidade dos Palestinos nos campos de refuxiados, eufemismo moderno dos campos de exterminio.

Nos dous meses que Sacco pasa en Cisxordania e Gaza vaise entrevistando con diferentes persoas para coñecer de primeira man porqué estoupou a primeira intifada e porqué a paz non parece posíbel naquelas terras. Repasa a chapuza histórica da creación do estado de Israel, a violencia radical dos pais do estado xudeu, Golda Meir e Ben Gurión, os abusos dos colonos israelís, xa dende os tempos da ocupación Británica, e dos propios lideres palestinos, máis preocupados polos seus pequenos taifas que polo seu pobo, e disecciona con acerto como a política israelí, co mutis do resto do mundo, só incentiva o conflito ata levar a un pobo a levantarse a pedradas contra os abusos dun estado teoricamente democrático, mais imperialista de facto. Palestina1

Así conta, en primeira persoa, cales son ás miserentas condicións de vida dos palestinos, despoxados dos seus fogares, sometidos á brutal máquina bélica da moderna Sión e como o estado xudeu vai replicando coa precisión aprendida do cirurxián Mengele os métodos máis inhumanos de limpeza étnica ou no seu defecto de concentración en guetos, imitando a eficacia de Heidrich en Varsovia, onde de seguro quedaron moitos dos familiares dos soldados que agora disparan contra nenos en Gaza. Dúas obras imprescindibles, editadas en galego, que contan a barbarie humana, dous exterminios consentidos polo resto do mundo que só nos fan peores como especie e que reafirman aquela vella alocución de Plauto “Homo homini lupus”.

Español:

En estos días, a cualquiera que vea o lea las noticias, y no sea un sionista militante, sólo una pregunta le puede retumbar una y otra vez en la cabeza. Porqué precisamente Israel está cometiendo otro holocausto?

La violencia y los judios es un tema historicamente complejo y que en el cómic trataron con maestría dos obras y dos autores de reconocida calidad, Maus de Art Spiegelman y Palestina de Joe Sacco, en cada una de estas obras el pueblo de Israel está en distinto lado de la violencia. Maus es una de las obras de referencia del cómic mundial, la única con un Pulitzer, y probablemente, una de las que más contribuyó a que el cómic comenzara a ser visto por mundillo literario y cultural con ojos más curiosos y con un aura de seriedad que hasta ese momento no tenía.

Palestina de Sacco es un libro que bebe directamente de las influencias de Spiegelman como narrador. Sacco, que es periodista de formación, aprovecha toda la potencia gráfica del arte secuencial para contar lo que vivió durante dos meses conviviendo con los habitantes de los territorios ocupados por el estado Israelí en Palestina.

Las dos tienen en común el estilo aparentemente (en realidad no lo es tanto) sencillo en el dibujo, el ritmo y la narrativa periodística de una realidad, los dos cuentan sendos holocaustos, en ambos el autor es narrador y protagonista, y los dos tienen a los judios en común, en uno como víctimas y en el otro como verdugos.

Probablemente podrían ser las dos partes de la misma historia, conocido es el dicho  “la violencia sólo engendra violencia”. Así es que el gobierno Israelí, se comporta como el niño que criado en un hogar disfuncional y violento, de adulto reproduce esos comportamientos entrando en la espiral destrutiva de la ley del Talión.

Maus cuenta el holocausto provocado por los nazis a través de la visión y de la historia de Vladek, el padre de Spiegelman, un relato que hai que leer con la temperanza y la frialdad necesaria, en muchos casos a pequeños sorbos, pues la dureza y la crueldad de los hechos que cuenta el libro es tal, que a cualquier persona equilibrada tiene que afectarle anímicamente.

Aunque Spiegelman suaviza, en un hábil y muy metafórico truco el libro, haciendo que los diferentes implicados en el relato tomen formas animales, los judios son ratones, los polacos son cerdos y los nazis son gatos, es una obra dura, y no sólo relata las duras vivencias de Vladek y su mujer, sino como estas afectaron al resto de su vida tanto a él como al resto de la familia y a la relación de padre e hijo, que será difícil.

Joe Sacco divide su libro en nueve capítulos en los que va  intentando conocer la realidad de los Palestinos en los campos de refugiados, eufemismo moderno de los campos de exterminio.

En los dos meses que Sacco pasa en Cisjordania y Gaza se entrevista con diferentes personas para conocer de primera mano porqué estalló la primera intifada y porqué la paz no parece posible en aquellas tierras. Repasa la chapuza histórica de la creación del estado de Israel, la violencia radical de los padres del estado judio, Golda Meir y Ben Gurión, los abusos de los colonos israelíes, ya desde los tiempos de la ocupación Británica, y de los propios lideres palestinos, más preocupados por sus pequeños taifas que por su pueblo, y disecciona con acierto como la política israelí, con el mutis del resto del mundo, sólo incentiva el conflicto hasta llevar a un pueblo a levantarse a pedradas contra os abusos de un estado teoricamente democrático, pero imperialista de facto.

Así cuenta, en primera persona, cuales son las miserables condiciones de vida de los palestinos, despojados de sus hogares, sometidos a la brutal máquina bélica de la moderna Sión y como el estado judio va replicando con la precisión aprendida del  cirujano Mengele los métodos más inhumanos de limpeza étnica o en su defecto de concentración en guetos, imitando la eficacia de Heidrich en Varsovia, donde seguramente quedaron muchos de los familiares de los soldados que ahora disparan contra niños en Gaza.

Dos obras imprescindibles, editadas en gallego, que cuentan la barbarie humana, dos exterminios consentidos por el resto del mundo que sólo nos hacen peores como especie y que reafirman aquella vieja alocución de Plauto “Homo homini lupus”.

2 reflexións sobre “Spiegelman e Sacco, interacción improposta

  1. Pingback: Bitacoras.com

  2. Pingback: Spiegelman e Sacco, interacción improposta

Os comentarios están pechados.