Volve “Don Miki”

Don Miki 01

Capa do número 1

Esta semana (a partires do 26 de agosto) sairá á venda en quioscos a reedición da revista “Don Miki”.

A Editorial Planeta DeAgostini saca ó mercado este coleccionable, mantendo o formato orixinal, unha selección das mellores historietas da época coas imaxes restauradas para garantir a calidade e reproducindo tamén a encadernación e o formato orixinal. Coma curiosidade manterán información da cuberta, coma o prezo en pesetas.

Serán sesenta entregas dobres que farán un coleccionable de 120 números a 5,99 €.

Esta mítica revista semanal comezou a publicarse en España o 14 de outubro de 1976 e recompilaba historias de personaxes Disney, o formato era unha adaptación para España da revista italiana Topolino, a revista chegou ata o número 664 publicado o 29 de xuño de 1989, foi o seu derradeiro número.

Don Miki 02

A revista italiana Topolino e a primeira e a derradeira páxina do número 1 de Don Miki