Escocia e a bd

Essay-on-Modern-Medical-Education-1-William-Heath-Glasgow-Looking-GlassUn dos temas recorrentes no mundiño da bd é averiguar cal foi o primeiro cómic da historia, hai teorías de todo tipo que en función da definición do que é un cómic, sitúan esta primeira bd en distintas épocas da historia. Dende os murais exipcios ata os incunables medievais ou os que toman coma punto de partida a invención da imprenta, aínda que maioritariamente considérase o Yellow Kid coma punto de partida da historia da bd en 1895.

Na International Graphic Novel and International Bande Dessinee Society Joint Conference 2013 que se celebrou na Universidade de Glasgow defendeuse que o cómic máis antigo do mundo foi publicado en Escocia hai case 200 anos. O “Glasgow Looking Glass“, publicado en 1825. Este cómic, que se coñeceu máis tarde coma The Northern Looking Glass, é unha mirada satírica sobre a sociedade escocesa do século XIX, facendo burla das modas e dos políticos.

Derk islandFose esta a primeira ou non, a fermosa Alba é protagonista de grandes cómics. Evidentemente a aportación directa máis importante dos escoceses á bd son os seus autores, sinaturas importantes no olimpo dos creadores dos que non é preciso dicir nada máis que o seu nome, Frank Quitely, Grant Morrison, Mark Millar ou Alan Grant, por poñer algún.

Aínda que hai máis exemplos, algunhas das bedés europeas de máis fama e máis importantes en número de exemplares vendidos adicáronlle un número a esa terra.

A Illa negra é un álbum creado por Hergé que foi publicado en Le Petit Vingtième entre o 1937 e mediados de 1938, foi orixinalmente editado en branco e negro aínda que foi reeditado a cor en 1943. Máis de vinte anos despois no 1965 o álbum foi redebuxado por completo a petición dos editores británicos que non crían atinada a representación que fai do país.Cubiertas.indd

Despois da continua liña descendente que levaban as aventuras de Astérix e Obélix dende a morte de Goscinny e que tocou fondo no derradeiro libro feito por Uderzo, no 2013 chegou o primeiro álbum no que non participan ningún dos creadores dos famosos galos.

Astérix e os pictos é o álbum nº 35, editado en galego por Xerais, os seus autores son o guionista Jean-Yves Ferri e o debuxante Didier Conrad. Coma ven sendo habitual non faltan as chiscadelas nin os estereotipos nunha historia na que os galos viaxan ata a vella Alba.

Blake_e_MortimerMais, se algunha banda deseñada ten a Escocia presente en todos e cada un dos números publicados esa é Blake & Mortimer, a estupenda obra de Edgar P. Jacobs que en España publica Norma Ed,  que nos conta as aventuras de Philip Angus Mortimer, físico nuclear, de orixe escocés (do clan dos Mac Quarrie) e o seu amigo o Capitán Francis Percy Blake.la foto 3

Especialmente o álbum “El caso de Francis Blake” no que Mortimer viaxa pola illa utilizando varios medios incluido o mítico tren Flying Scotsman, ata chegar o norte, a un típico castle nas fermosas terras dos Highlands, as terras dos seus ancestros, onde se resolvera todo.