Fanzineando – Gris

Portada grisNo pasado Autobán, trouxemos un bo feixe de tesouros autoeditados que imos degustando ós poucos, o primeiro que lemos foi un fanzine que chama atención xa dende a portada, a obra é de Fernando Castro e leva por título Gris.

A portada de Gris e clara, limpa, moi elegante, unha gran masa de branco na que se debuxa un home de costas que leva unha palanca na man e que esta arrodeado de follas voando que aportan a nota de cor á unha portada que nos pareceu exquisita.

Fernando cóntanos, nesta primeira entrega, os primeiros pasos da historia dun home gris, metido en asuntos turbios e que parece superado pola súa vida familiar. O debuxo en branco e negro e matices de gris é claro, limpo, sinxelo pero con personalidade e forza narrativa. A historia, da que neste número só coñecemos o principio, ten gancho, lese ben, e as páxinas teñen unha boa distribución de viñetas e ritmo, ó único “defecto” e que nos deixa con ganas de ler máis.

A edición deste fanzine é impecable, ben rematado e ben impreso, e presentado nunha bolsiña que ven de marabilla para os coleccionistas.

Fernando é outro máis dos autores que veñen a confirmar que a bd galega está moi viva, que o camiño iniciado polos que hoxe son grandes figuras ten continuadores, e que a calidade é o selo distintivo no cómic galego.

Non quero rematar sen recomendar esta entrada no tumblr do Kike Benlloch e citar a súas verbas que para iso é un grande escritor de historias:

Agora Fernando, nom nos falhes e completa a história, nom abandones até concluir porque seria umha mágoa. E parabéns!

3 reflexións sobre “Fanzineando – Gris

Os comentarios están pechados.