I Festival Parrapean komiki egunak

parrapena-basesO Concello de Bilbao convoca o primeiro “Concurso de cómics Parrapean” para rapaces de 14 a 17 anos, as obras teñen que estar escritas en éuscaro ou non ter texto, o tema é libre, pero os personaxes e a historia deben ser orixinais, de creación propia e inéditos. A técnica é libre e os traballos terán, necesariamente, dúas páxinas, tamaño A-4 en formato vertical. A data límite para participar é o 15 de novembro.

Os gañadores daranse a coñecer na clausura do Festival o 29 de novembro ás 18.00 no Centro Municipal Begoña.

O gañador do premio á mellor bd, ademais de recibir o diploma acreditativo será agasallado con material de debuxo e informático, e o seu traballo será publicado na revista “Berton“.

Este concurso é unha das actividades do Festival Parrapean komiki egunak, que se celebrará nos días 27, 28 e 29 de novembro no Distrito de Begoña-Santutxu, e no que tamén haberá talleres, exposicións e conferencias adicadas á banda deseñada. Esta primeira edición do festival centrarase nos cómics en linguas minoritarias.

As bases aquí.