Mafalda

Mafalda1A pesares dos cincuenta anos que xa ten, Mafalda, non perdeu nada de frescura, e probablemente, é xunto con Calvin e Hobbes o punto da intersección onde se cruzan o humor e a filosofía.

Quino (Joaquín Salvador Lavado), o seu autor, utiliza os ollos desta nena, para retratar a sociedade arxentina de mediados dos sesenta e setenta, a crise mundial do petróleo, os conflitos armados ou os problemas sociais.

Mafalda é unha nena que ama a música dos beatles e odia a sopa, permanentemente preocupada pola humanidade e con moita afección polas reflexións profundas cargadas de ironía. Nas tiras de Mafalda aparecían habitualmente nove personaxes, os pais, o irmán pequeno e os amigos, todo ten un porqué e cada un dos personaxes pódese identificar cun estereotipo, dende o materialismo de Manolito ata o carácter soñador de Miguelito ou o alegórico tamaño de Liberdade.

Mafalda2

Mafalda fai preguntas incómodas sobre a sociedade a política do mundo que os adultos non saben respostar. É unha convencida defensora do progreso social da muller. Este aniversario é unha escusa perfecta para ler esta obra imprescindible ou voltar a ela porque en cada nova lectura sempre hai una nova reflexión que descubrir.

Quino, fillo de exiliados republicanos españois, foi recoñecido neste 2014 co Premio Príncipe de Asturias de Comunicación y Humanidades, converténdose no primeiro debuxante galardoado.
Este año tamén foi distinguido coa Lexión de Honra francesa, en recoñecemento á universalidade das súas mensaxes.

O humorista arxentino, coa súa característica lucidez, agradece os premios, pero admite que chegan “cando un xa está cansado” e non cando se é novo e supoñen un estímulo que pode marcar a diferenza para seguir adiante.