Ñam, festival internacional de cómic e novela gráfica

nam-CARTELEstamos nun momento no que abrollan moitos festivais e xornadas de cómic novos, mentres outros pasan por dificultades para seguir vivos. En Palencia estrean cita este ano, e parece que ven para quedar e converterse nunha das datas importantes, de momento nesta edición terán unha axenda de actividades moi completa e con importantes nomes invitados.

O Ñam vaise celebrar do 30 de setembro ó 5 de outubro, cunha programación dirixida tanto ós aficionados coma ós novos (ou futuros) autores, e ten ás institucións públicas castelán leonesas amparando o proxecto.

Por este festival pasarán invitados tan interesantes coma o noso David Rubín, Scott McCloud, David Aja, ou Alfonso Zapico. Haberá actividades para profesionais e para aficionados, obradoiros, conferencias, master-class e ata sesións de networking .

Os obradoiros impartidos por grandes nomes do sector é outro dos pratos fortes, David Aja (recente gañador de Premios Eisner e Harvey), autor de Hawkeye editado por Marvel, ofrecerá un taller de deseño e composición de páxina.

Scott McCloud, divulgador e teórico do cómic, (editado en galego por Rinoceronte Ed) e unha das apostas importantes desta cita, McCloud ademais de escribir libros teóricos sobre bd, foi pioneiro no web cómic e inventor de ideas tan tolas e divertidas coma a de facer unha Bd en 24 horas. Impartirá o obradoiro, Cómics: teoría e práctica.

Jorge González (Argentina) impartirá un sobre novela gráfica, traballando dende o guión para a construción da historia.

Matt Madden (Estados Unidos) propón un obradoiro experimental, os recursos poéticos como ferramenta para construír un cómic.

logo-ÑAMDo 3 ó 5 de outubro, participarán en “Encuentros” (30 minutos de conferencia con importante apoio visual, para rematar cun tempo de conversa co público) invitados coma David Rubín, Alfonso Zapico, o Colectivo Ultrarradio, (grupo auto xestionado de ilustradores), José Jajaja, Cristina Durán e Miguel A. Giner Bou, Bendik Kaltenborn e Chloé Cruchaudet, a autora da obra Dexenerado, éxito de ventas en Fracia.

Si precisas asesoramento, orientación, contacto real có mercado profesional, ou se  queres resolver dubidas do teu traballo, tes “Conectando”, outra das propostas deste festival, un tempo en ambiente distendido adicado ós encontros entre creadores, editoriais e profesionais do sector en xeral.

Nas master class da sección “Bocadillos” os participantes poderán aprender e perfeccionar o perfil profesional con Fernando Fuentes, rotulador de cómic, Álvaro Pons, crítico e teórico e Jesús Moreno, comisario, editor e apaixonado da bd.

O público poderá tamén gozar das exposicións Viñetas de Vida, un proxecto da ONG Oxfam –Intermón e a de orixinais de Juan Berrio.

Tamén hai actividades nas que o público terá especial importancia, o mural Ñam será unha creación colectiva en vivo, e Viñetas pola Cidade, unha invitación a debuxar seguindo a temática de la exposición de Juan Berrio.

Debería ser un exemplo para outras institucións públicas a aposta pola cultura, e polas propostas diferentes e o apoio que recibe este Festival Ñam, que contrasta co desleixo das nosas, neste país que é referente na bd.