Orgullo y satisfacción, o futuro é dixital?

“Orgullo y satisfacción”, ven de lanzar o primeiro número da que vai ser unha revista dixital mensual.

OYS0001prensa2

O número 1 vendeu na mañá da estrea máis de 3.000 exemplares, e acadou 500 subscritores, segundo manifestou Manuel Bartual, un dos autores e impulsores da revista.

Despois do caso de censura de RBA a súa propia cabeceira “El Jueves” varios dos autores históricos desta revista satírica abandonaron a publicación, e aproveitaron o medieval acto de coroación para publicar o que foi o número cero de “Orgullo y Satisfacción”. O grande éxito con máis de 30.000 descargas, animounos a continuar coa publicación.

A revista conta con 100 páxinas, custa un mínimo de 1,50 euros (os usuarios deciden pagar máis, se queren) e publicarase cada primeiro de mes. Está dispoñíbel nos formatos PDF e CBR.

OYS0001prensa1Esta nova publicación nace nun momento no que o mercado da bd busca novas fórmulas e experimenta con distintos xeitos de achegarse ó público, e abre o paupérrimo mercado dixital español que parece que pode ser o hábitat natural deste tipo de revistas.

O tempo dirá si este é o empurrón que precisa a publicación de contido dixital, unha estrutura profesional, cun proxecto editorial levado por xente de grande experiencia e con autores de primeiro nivel. Ó morbo do “enfrontamento” entre esta nova revista e “El Jueves” o seu competidor natural, podemos sumar a proba de mercado que vai ser o haber aquí dous modelos ben diferentes, o da editorial vs autoedición e o papel vs dixital.