Preséntase o curso profesional de BD de O Garaxe Hermético

esquema kiko.cdrHoxe sábado as 12 da mañá no Pazo da Cultura de Pontevedra preséntase o novo Curso profesional de BD de O Garaxe Hermético.

Durante o acto proxectarase un documental sobre cómo se fai unha bd profesional dende a idea ata a edición, e ó rematar os alumnos recibirán as maletas e os materiais docentes de cada curso.

A escola ven de ampliar a súas instalacións, habilitando unha nova aula para os alumnos de 3ª curso, un despacho e taller de traballo e unha zona de descanso. Tamén ampliou e renovou a aula de ordenadores con novos equipos e un mural do mestre Fernando Iglesias (Kohell).

Este ano será o derradeiro da 1ª promoción da escola.