Thorgal ten novo guionista

ThorgalXavier Dorison é o novo guinista de Thorgal, a serie creada por Jean Van Hamme e o debuxante  Grzegorz Rosinski. O coñecido autor francés foi escollido pola editorial Lombard para ser o novo escritor de Thorgal, e terá a difícil tarefa de recuperar os lectores perdidos, substitúe a Yves Sente que non acadou bos resultados á fronte da serie.

Ao mesmo tempo, porque Thorgal é agora unha pequena constelación de títulos, tamén vai traballar nas series de Kriss de Valnor que seguirá a debuxar Giulio Vita. Yann e Roman Surzhenko continuarán o seu traballo en The Wolf e A Xuventude de Thorgal.

Thorgal é unha saga de gran éxito lanzada en 1980, que conta as aventuras dun “neno das estrelas” adoptado polos Vikingos, do seu amor coa loira Aaricia, e que sofre a uns deuses empeñados en contrariar o seu destino.