Comic-Con Portugal 2014

comicconptQue a Comic-Con de San Diego é un dos eventos adicados a bd máis importantes do mundo é cousa ben sabida, o que non é tan coñecido e que, en apenas un mes e medio, poderemos asistir a unha Comic-Con en Portugal, concretamente na Exponor de Porto os días 5, 6 e 7 do mes de nadal.

O evento promete ser unha das máis importantes citas do cómic en Portugal e xa hai anunciados varios dos eventos e actividades desta cita que contará con editoras, merchandising,  concursos  e  torneos  de  xogos,   películas  e  series  de  televisión,  concursos  de  cosplay, obradoiros de desenho, banda deseñada e manga, e artistas convidados de cinema e  tv.y,last.man

Algúns dos artistas de banda deseñada que xa confirmaron a súa asistencia a este importante evento son: Brian K. Vaughan autor da multipremiada “Saga” e “Y, o derradeiro home”, Randy Stradley vicepresidente de Dark Horse Comics e guionista, responsable de títulos como Star Wars ou Hellboy, Pia Guerra, debuxante e co-creadora de “Y, o derradeiro home”, gañadora de varios premios, incluindo , un Harvey, un Shuster, e dous Eisner, e os españois Javier Rodríguez, coñecido polos seus traballos para Marvel e DC,  e Marcos Martín, que foi debuxante de Marvel e agora publica o cómic online “The private eye”

Ultima  hora: O programa de banda deseñada é reforzado por unha lenda con nome propio: Carlos Pacheco.

Para esta primeira edición, os responsabeis prometen sorpresas, que irán anunciando na web www.comic-con-portugal.com e nas redes sociais.
Hobgoblin
A Comic Con vai abranguer,  unha area de 20 mil m2, incluindo o auditório principal  do  maior  parque  de  exposições  de  Portugal,  «A escolha também se deveu à acessibilidade rodoviária aos principais centros urbanos do país e Galiza, abrangendo o público português e galego», explica a organización.