Destino Hërgüss de Manel Cráneo

Destino HergussSi na bd galega hai un home que asuma el só tódolos roles posibles neste sector é Manel Cráneo, este coruñés de enerxía inesgotable e que está a facer unha laboura marabillosa editando libros en galego e de autores galegos, quere sacar ó mercado Destino Hërgüss a primeira novela gráfica ambientada no Planeta Mincha.

Para que esta novela se faga realidade hai unha campaña de crowdfunding en marcha que está xa na recta final, unha oportunidade magnífica de facerse cun exemplar e coas diferentes recompensas que hai preparadas para os colaboradores. Un proxecto multidisciplinar que terá diferentes formatos: a novela gráfica en papel e dixital, banda sonora, videoxogo, e merchandising, e coñecendo a Manel de seguro que non para aquí.

Os protagonistas desta novela son Pichük e Tombö, dous personaxes de razas e estilos de vida diferentes, que se verán obrigados a superar unha proba a vida ou morte en Hëlüs, a rexión cun dos climas e hábitats máis hostís do Planeta Mincha. Alí agárdaos un futuro incerto ateigado de aventura, misterios e incerteza en que acabarán dependendo deles mesmos e dos seus instintos máis primarios para a súa propia supervivencia.

A obra editarase en galego e castelán.

Aquí podes mercar o teu exemplar e axudar a que esta obra saia á luz.

2 reflexións sobre “Destino Hërgüss de Manel Cráneo

  1. Pichük

    Moitas gracias pola vosa difusión, a primeira novela gráfica do Planeta Mincha, Destino Hërgüss contará as aventuras que vivirán Pichük e Tömbö na realización dunha improtante Misión…
    Queremos abduciros a todos e que coñezades máis sobre o noso planeta!

  2. Pingback: Aínda podes viaxar con "Destino Hergüss"

Os comentarios están pechados.