Dibbuks editará (todo) Spirou dende 2015

spirou_munueraA editora española Dibbuks anuncia que editará todas as aventuras de Spirou, un dos grandes personaxes da bd belga.

Dibbuks incorporará o seu catálogo tódolos libros, incluidos os integrais e material inédito en España. Será a partires de febreiro de 2015 e publicará catro títulos por ano, o formato desta edición será a cor e idéntico ó orixinal de Dupuis. Ademáis dos títulos inéditos a editorial contará con novas traduccións para os clásicos.

Spirou foi creado en 1938 por Rob-Vel (Robert Velter) para a revista Le Journal de Spirou, pero quen o converteu nun éxito foi André Franquin. Entre os autores que o debuxaron tras Rob-Vel están grandes da bd franco-belga como Jijé, o citado Franquin, ou contemporáneos como Schwartz ou o español José Luis Munuera.

Sen dúbida unha excelente nova.