Fai 64 anos da primeira tira de Peanuts

Unha das tiras cómicas máis famosas do mundo, Peanuts, onde se contan as aventuras de Charlie Brown, os amigos deste e o can Snoopy, celebra o 64 aniversario.

O primeiro cómic de Peanuts foi publicado o 2 de outubro de 1950, foi creado por Charles M. Schulz, que debuxou a tira dende 1950 ata practicamente a súa morte no ano 2000 (a derradeira tira publicouse o día seguinte).

peanuts

A Schulz nunca lle gustou o título da tira, Peanuts, escollido polo editor.

Aínda que en España, probablemete pola barreira do idioma, a tira cómica máis coñecida seguramente sexa Mafalda, Peanuts foi a tira máis importante en Estados Unidos na segunda metade do século XX, chegando a ser publicada en máis de 2.600 xornais, en 75 países

En outubro de 2012 foi anunciada unha adaptación cinematográfica en animación 3D que será estreada a finais do vindeiro ano.