Komikigunea

komikigunea-donostiaGaliza é un país onde a bd florece máis e mellor cada ano, por desgraza as nosas institucións públicas ignoran esta arte e non lle prestan máis atención que un par de premios e un apoio maís que interesado ós eventos e xornadas que se organizan na terra.

Por iso nos da moita envexa unha iniciativa coma a da Diputación Foral de Gipuzkoa, que ven de poñer en marcha un lugar onde reunir calquera elemento relacionado coa bd,   recolle unha extensa colección de máis de 30.000 documentos dende libros e revistas a fanzines ou debuxos orixinais. Tamén será un espazo para a investigación, os creadores e os lectores.

A Diputación mercou en 2004 a colección de Luis Gasca, e aí naceu o xérmolo do Komikigunea, dende entón tamén traballan para crear unha completa colección que reflicta toda a historia da bd vasca. Tamén acolle a “fanzinoteka”, con 3.000 exemplares.