V Salita del Cómic y la Ilustración de Extremadura

CartelVSalitaOs vindeiros días 3, 4 e 5 de Outubro vaise celebrar en Cáceres a V edición de La Salita del Cómic y la Ilustración de Extremadura con numerosas actividades coma exposicións, contacontos ilustrados ou a elaboración dun cómic xigante coa participación de varios debuxantes. Estas xornadas son organizadas  pola Asociación Cultural de Amigos del Cómic de Extremadura (exTreBeO).

Esta edición contará coa presencia do autor Carlos Pacheco (debuxante das editoriais Marvel e DC) e do editor Julián Clemente (editor de Marvel para España) para falar dos seus traballos.