Largo Winch – Chassé Croisé

LargoWinch19

Portada da décimo novena entrega das aventuras de Largo Winch

Jean Van Hamme é un dos grandes nomes na bd europea, un dos guionistas máis prolíficos e de máis éxito, autor de series coma “Thorgal”, “Os mestres cervexeiros” ou “XIII” cada novo libro seu é un éxito de vendas. O 14 do videiro mes de Santos sae o mercado franco belga o seu (polo de agora) derradeiro traballo, o décimo noveno libro da saga Largo Winch. O álbum edítase en tapa dura e con 48 páxinas a cor, o debuxante é unha vez máis o excepcional Philippe Franq.

Agardamos impacientes as novas do editor español.

A sinopse do álbum é a seguinte:

Con vinte e seis anos, Largo Winch herda un imperio financeiro de dez mil millóns de dólares, rebelde, mullereiro, matón e inconformista, chámanlle “o multimillonario en vaqueiros “.

Pero pódese manter as mans limpas á cabeza dun emporio tal?

Entre as mulleres con encantos mortais e os enganos que conspiran xerentes dos bancos, entre as transaccións financeiras e os tráficos dubidosos, Largo Winch devolve golpe por golpe . As veces, nos límites da legalidade.