Toreromaus

cubierta_dospags.inddDea e Diego son dous rapaces novos que no momento que decidiron usar coma nome artístico Los Bravú xa estaban avisando que as suas escollas creativas non ian transitar polos camiños comúns que utilizan a meirande parte dos autores de cómic.

O Bravú é para moitos de nós, unha forma de afrontar a vida, é roncanrol, é poesía, é arte, é un estoupido de rebeldía canalizada da forma máis creativa.

Toreromaus é unha aposta valente, que sorprende xa dende fora, porque nada neste cómic é común, as capas están feitas co mesmo cartón no que os seus autores adoitan pintar e a encuadernación ten moito de artesanal.

A proposta de Dea e Diego é unha historia que vai do realismo da esmorga de Blanco Amor á fantasía siniestra e retranqueira do Castelao de un ollo de vidro. O debuxo é sinxelo, ás veces casi esquemático, máis dalle a historia o atractivo do natural e a frescura do artesán, a narración reflicte acertadamente os ritmos, os lapsus e as arroutadas dunha noite de bebedeira e os textos son a estupenda pinga de calidade, con diálogos perfectos e que non agochan o humor retranqueiro e descarado que mellora ainda máis un libro que dende a primeira páxina amosa a súa condición de fillo da Galiza máis tradicional pero que vive na maís moderna.

tumblr_n5vezeFEC41tppzo7o1_500Un libro no que se xuntan a calidade gráfica coa innovación, e a busca de novos modos narrativos co descaro e a rebeldía duns artistas que se cuestionan os xeitos tradicionais de facer bd para levala un paso máis alá.

Escribiu Xabier Valiño que o movemento bravú dos noventa naceu “cando as guitarras chegaron ás aldeas”. Con Los Bravú a aldea chegou á bd.