Xa podes ler o cómic de 3,2 millóns de dólares

Action1_pag_supermanFai dous meses, contamos que fora vendida nunha poxa unha copia do Action Comics # 1 de 1938, a historieta na que Superman fixo a súa primeira aparición, acadou un prezo de  3,2 millóns de dólares americanos.

A compañía CGC Comics, escaneou este exemplar de Action Comics antes da poxa, e agora pono a dispor na súa web para que podamos lelo.

Pódese ler aquí

O estado de conservación deste exemplar é casi perfecto, de aí o alto prezo pagado na poxa, xa que se calcula que aínda poden existir cen exemplares orixinais deste cómic. Segundo a compañía as páxinas non foron retocadas unha moi boa nova tendo en conta os 76 anos que pasaron xa dende a súa publicación.