Capa de “Le groom de Sniper Alley” o próximo álbum de Spirou & Fantasio

Spirou-54O quincuaxésimo cuarto álbum de Spirou e Fantasio levará por título Le groom de Sniper e sae ó mercado este 21 do mes de santos en Francia, editado por Dupuis, de momento non hai data de publicación en España.

Despois da terrible guerra civil en Aswana que rematou coa eliminación física do ditador. O mundo goza, e especialmente, Contralto, un mafioso condeado a 634 anos de prisión que para encher os longos días no cárcere de máxima seguridade de Nova Iorque , atopou unha nova paixón: a arqueoloxía , pasa o tempo a devorar libros , navegar por Internet e examinar mapas , e así foi quen de atopar unha gran cantidade de tesouros antigos, incluso descubriu a ubicación do tesouro de Alexandre Magno … nun labirinto subterráneo no medio de  Aswana.  E co fin das hostilidades alí, el pensa que é o momento de enviar un equipo para recuperar o tesouro de valor incalculable …