O Camiño de Santiago na nova bd de Servais

CaminoSantiagoDupuis ven de publicar unha bd na que Jean – Claude Servais percorre o Camiño de Santiago dende Bélxica pasando por Francia e España. Os personaxes de Servais crúzanse polo camiño, para atopar as historias dos seus ancestros, nunha sutil mestura de pasado e presente . O Camiño de Santiago será o tema xeral dos próximos álbumes de Servais , non é realmente unha serie , senón unha sucesión de volumes cun vínculo temático .

A sinopse e esta:

Lugar altamente simbólico, Compostela atrae cada ano a miles de peregrinos a través de Europa. Blanca, Céline e Alexandre inician o percorrido.

Depositaria de moitos coñecementos valiosos do seu avó alquimista, Blanca parte de Bélxica seguindo as súas pegadas, despois de ter sido recuperado o seu corpo sen vida nunha praia preto de Santiago de Compostela.

O punto de partida de Céline é o Monte-Saint-Michel, onde comezou o seu noviciado. En canto a Alexandre, guía de montaña nos Alpes suizos, é o falecemento de Margaux o que o vai empurrar, tamén, a esta ruta plena de cuestións, pero quizais tamén de respostas.

Ó largo destes viaxes de iniciación e destes destinos cruzados, Jean-Claude Servais lévanos a un relato en sete álbumes, sobre os camiños de Francia e fainos descubrir os paisaxes sublimes e os lugares alimentados de cultura, historia e misterios.

De momento non sabemos si será publicada en España.