Ilustratón

ilustratonVilagarcía de Arousa convértese durante caseque un mes no centro neurálxico da Ilustración. Nunha iniciativa privada sen apoio de ningunha institución, nace Ilustratón, un evento-experimento no que o obxectivo fundamental é achegar ó público o traballo dun ilustrador dende o seu inicio ata o resultado final.

Poderemos ver dende os bosquexos, ilustracións preliminares e traballos persoais ata o traballo editado tal e como queda para a súa posta a venda. Así mesmo organizarase, durante as tres semanas que dura o Ilustratón, un mercadillo-exposición de produto ilustrados.

De xeito paralelo organizarase un ciclo de talleres de ilustración tanto para nenos como para o público en xeral no que poderemos atopar todo tipo de actividades, dende obradoiros de contos de peto ata teatriños de papel e obradoiros de risoterapia e conta contos.

Tódalas actividades vanse desenvolver en Dalleqdalle coworking ubicado en Méndez Núñez, 2, 2a Planta, Vilagarcía de Arousa.

O Ilustratón pecharase o vindeiro catro de Xaneiro.

– PROGRAMA –

11 de Nadal de 2014

20:00hrs Exposición e venda de ilustracións de máis de vinte autores.

29 de Nadal de 2014

17:00–19:00hrs. Obradoiro: Contos de peto impartido por Marthazul e Augusto Metztli. Faremos dispositivos de papel portátil e transformables para contar historias. (12,00 €)
19:15hrs. Contos e djembe Bilal Traoré (evento de balde).

30 de Nadal de 2014

17:00–19:00hrs. Obradoiro: Ten Tea, impartido por Alicia Nogueira. Ilustraremos e contaremos historias sobre bolsas da merenda. (12,00 €).
19:15hrs. Kamishibai e Emakis Juan Juste (evento de balde).

2 de xaneiro de 2015

17:00hrs Obradoiro; Teatriños de papel Juan Juste. Coñeceremos o mundo do teatro, o escenario, os personaxes. E faremos un teatriño para levar. (12,00 €).

4 de xaneiro de 2015

18:00hrs. Conta Contos con Fátima Iglesia (evento de balde).
19:15hrs. Risoterapia impartido por Emma Blanco. Gozarán dunha sesión de risas e endorfinas cun xiro ilustrado. (6,00 €).

NOTA: Nos obradoiros máximo 15 participantes.

Organizan: Tazalunarbooks e Dalleqdalle.