Lámina de Miguelanxo Prado

Os vindeiros  días 5, 6 e 7 do mes de nadal na Exponor de Porto celebrase a Comic-Con Portugal, e temos un embaixador de luxo, Miguelanxo Prado é un dos invitados á esta primera edición.

Para celebrar a súa participación no evento realiza esta fermosa lámina homenaxe á cidade de Porto.

miguelanxo-prado-porto

A lámina estará a venda en dous tamaños 50×40 (35 euros) e 70×50 (60 euros) e pódese mercar na propia Comic Con Portugal onde o propio Miguelanxo Prado estará asinando.

Pódese reservar neste email, banda@mundo-r.com, e  recollela directamente na Comic Con.