Spider-woman estrea traxe

Spiderwoman1Non tardou a Marvel en poñerse a traballar para evitar que se repita a polémica deste pasado verán cun dos seus personaxes femininos, pola portada que o debuxante italiano Milo Manara fixo para un dos seus números e pola que foi acusado de erotizar demasiado o personaxe.

O traxe de Spider-woman ven de ser totalmente rediseñado, o orixinal foi creado en 1976 por Marie Severin , e non cambiou moito desde entón. Agora Kris Anka deu a Jessica Drew un novo conxunto, din dende Marvel, moderno e adecuado para a súa personaxe .

spider-woman-redesign1

Portada do primeiro número debuxado por Javier Rodríguez.

O traxe estreouse recentemente nun videoxogo , Spider-Man Unlimited , publicado por Gameloft  e vai facer a súa primeira aparición nos quadrinhos en Marzo no Spider-Woman nº 05 , obra do escritor Dennis Hopeless e do novo debuxante da serie  Javier Rodríguez ós que acompaña Alvaro Lopez entintando.

O novo deseño de Anka , ten un forte aire setenteiro, o esquema de cores aínda rende homenaxe ao seu antigo traxe , así como o motivo do peito e a máscara.

Será esta a forma de Marvel de evitar debuxos ofensivos para ás inocentes mentes do hipócrita medio americano?

Spiderwoman new

O novo traxe de Spider-woman.