V Certame Galego de Banda Deseñada sobre Teatro

A Asociación Cultural Entre Bambalinas, editora da Revista Galega de Teatro (RGT), convoca un certame de banda deseñada sobre teatro, co obxectivo de contribuír á divulgación do teatro galego e portugués.

Establécese un único premio de 600 euros e a publicación da obra gañadora, e a recepción de traballos rematará o día 9 de xaneiro de 2015, este incluído.

Para calquera información sobre o concurso: revistagalegateatro@hotmail.com.

Vía: Entrecomics.com