Xa podes mercar o Botafumeiro nº3

Botafumeiro3Dende o 24 deste mes, xa está na web o terceiro número da revista botafumeiro, coma son moi de misa de 12, esta entrega vai adicada a celebrar o cumpreanos do Xesus de Nazaret. Como xa fixeran no anterior número o prezo decídelo ti no momento de mercar.

E teñen un sorteo preparado:

Os que paguedes máis de 5 euros polo número 3 da nosa revista dixital, O BOTAFUMEIRO: PARABÉNS, SUSIÑO, ides a participar no sorteo de 5 láminas 30x45cm impresas en risografía coa ilustración de Jano da portada do primeiro número.

A promoción durará ata o 5 de Xaneiro e o día de reis anunciaremos que son os/as agrazados/as.

Así presentan o Botafumeiro nº3:

Xa tiñamos gana de festa, despois de tres números da revista hai que celebralo, ou non? Cando Deus fabricou o mundo, inventou os domingos “o día do señor”. E dende entón, a xente ten o calendario na cociña para sinalar as festas e distinguilas das xornadas laborais.

De certo, Deus foi o primeiro que lexislou sobre os dereitos dos traballadores, e o seu fillo, Xesús, continuou a tradición organizando(ou tentandoo) á masa proletaria. Despois virían un feixe de imitadores, pero ningún coa planta e a percha do Mesías.

Nós tiñamos apuntada unha data moi senlleira e non podiamos deixar pasar a oportunidade de celebrala.

Cando llo comunicamos aos colaboradores, entusiasmáronse coa idea (hai que recoñecer que Suso é un tipo que se fai querer), colleron os seus cadernos e lápices e lanzáronse. Seica ti mereces ouro, incenso e mirra pero a cousa está moi chunga últimamente; este é o noso humilde agasallo no teu 2015 aniversario. Suso, só tes que entrar en www.obotafumeiro.com e baixarte O BOTAFUMEIRO: PARABÉNS, SUSIÑO, ti mesmo poslle o prezo e decides cantas moedas de prata vale.

Sabemos que saberás aprecialo, e de non ser así saberás perdoarnos porque a túa misericordia é infinita.

Parabéns, Suso! Isto vai por ti, aquí tes uns colegas para o que precises.