33 Saló Internacional del Cómic de Barcelona

Cartaz33Salo

Do 16 ó 19 de abril no recinto Fira Montjuïc vaise celebrar o 33 Saló Internacional de Cómic en Barcelona, nesta edición o salón reivindicará a liberdade de expresión e vai recuperar o Premi Internacional d’Humor Gat Perich e albergará unha exposición adicada o propio Jaume Perich. Carles Santaría (presidente de Ficomic) e o debuxante Fer (Associació Perich Sense Concessions), explicaron que recuperan o premio porque este ano fai 20 años da morte de Jaume Perich e porque un dos gañadores foi no 1998, George Wolinski un dos asasinados na masacre do ‘Charlie Hebdo’, deste xeito queren facer unha homenaxe o humor gráfico e reivindicar a liberdade de expresión.

Ademais foi presentado o cartaz desta edición que noutro xesto de homenaxe os falecidos da revista francesa incorpora o lema ‘Nous Sommes Tous Charlie’, o cartaz nesta edición foi deseñado por Jordi Lafebre e inspirado en la estatua de Colón Barcelonesa.

A exposición central deste Saló do Cómic estará adicada ós cómics de ciencia ficción e a fantasía heroica. Ademais haberá actividades de divulgación científica relacionadas coa conquista do espazo ou a física dos superheroes e de narrativa vinculada ás lendas. O certame tamén acollerá mostras monográficas adicadas ó Joker e ó Capitán América, ademais das exposicións dos gañadores dos premios da pasada edición.

Antoni Guiral fixo un pequeno avance da listaxe inicial de autores estranxeiros convidados confirmando a Milo Manara, ós ingleses Brian Talbot e Mary M. Talbot, o suízo Frederik Peeters e o mozo Jerémie Moreau, tamén José Luis García López, David Finch, Branden Lamb, Shelli Paroline e Ryan North.

Tamén anunciou Carles Santamaría que o 22 de Nadal houbo unha reunión coa Consellería de Cultura, o Concello de Badalona (Barcelona) e Ficomic para desbloquear o futuro Museo do Cómic, segundo as verbas de Santamaría, a finais de 2017 o Museo será unha realidade”.