Adiado o seguinte numero da Charlie Hebdo

je-suis-charlieA portavoz da revista Charlie Hebdo, Anne Hommel, anunciou que adían o seu próximo número indefinidamente polo “pesar, a fatiga e a exposición mediática” que padecen despois do ataque terrorista do 7 de xaneiro no que foron asasinados 12 traballadores. En declaracións a medios franceses a portavoz dixo que “Agora mesmo a plantilla non está preparada” aínda así, o editor xefe, Gérard Biard, manifestou que a publicación continuará, mais non deu unha data concreta.

Aquí a nova en Liberation.