Día da Ilustración 2015

Dia_ilustracion2015Esta fin de semana, celebrase o Día da Ilustración, efeméride que se creou facendo coincidir a data co aniversario do nacemento de Castelao, e a (AGPI) Asociación Galega de Profesionais da Ilustración vai celebrar varios actos que incluen Actividades formativas, mesas redondas, propostas de debuxo ao vivo, exposicións ou xogos.

Esta celebración integrouse desde 2014 no Calendario do Libro e da Lectura da Xunta de Galicia. Nesta segunda xeira, todas as actividades serán en Vigo e  A Coruña.

A Coruña.

Venres 30.

Ás 19:00 na Biblioteca Pública Miguel González Garcés. (Mapa)

– Acto institucional.
– Mesa redonda “As mil caras da ilustración: novos campos e soportes para o traballo ilustrado” con Marina Seoane, Sekone e Alberto Guitián.
– Presentación da nova publicación “Caderno AGPI 2015”.

Ás 20:00 en The Room. (Mapa)

– Drink & Draw a cargo do Colectivo Miñoco.

Sábado 31.

De 11:30 a 15:30 e de 17:00 a 22:30 h.

– Ilustratón (exposición de orixinais, que se venderán cun prezo único de 20 euros).
– Mercado de Ilustración, posto de produtos de AGPI e dos seus socios.

De 12:00 a 13:30 h.

– Curso de iniciación a Affinity Designer (novo software de debuxo vectorial, a cargo de Bernal Prieto).

– Entre 13:30 e 15:30 h Sesión Vermú.

– Ás 18:00 Pictionary por Miñoco, o popular xogo nun formato aberto, áxil e divertido.

– De 21:00 a 22:30 IlustraNoite, con micropresentacións de autores e xente relacionada coa ilustración.

Vigo.

Venres 30.

No café Detrás do Marco. (Mapa)

– Ás 20:00 IlustraNoite, e durante toda a fin de semana, exposición dos participantes nel.

Sábado 31.

En La fiesta de los Maniquies. (Mapa).

Combate de Debuxantes, (varios contendentes ilustrando en gran formato e con tempo limitado conceptos ao azar).

Aquí a noticia na web da AGPI